CRTVG

Buscar

Hai catorce remeiros galegos en embarcacións de fóra de Galicia

Publicado o 03/07/2020 17:32

Se nos achegamos, vemos como soen estar as mans dos logo dunha pretemporada de remo atípica.

Só hai dúas fins de semana en toda a temporada en que ao volver da batea Nando Rúa non sobe un venres ao coche para percorrer preto duns 700 quilómetros ata Santurtzi.

16 anos leva Nando Rúa remando en clubs que non son galegos. Fai a segunda temporada en Santutzi, un dos candidatos a ser o campión da ACT. Kaiku está chamado a estar na zona baixa. Rema aí David Santomé. Mariñeiro. Volve do mar a iso das oito da mañá, adéstrase polas tardes en Moaña. Os venres, agás este, marcha cara a Sestao.

Teremos nas augas da ACT 14 remeiros galegos que están en clubs vascos. Son emigrantes de fin de semana: adéstranse en Galicia ata o xoves e o venres viaxan a Euskadi. Este venres non. A Liga comeza na Coruña

Noticias web

03/07/2020