CRTVG

Buscar

O rebrote da Mariña súmase aos arredor de 60 focos espallados por toda España

Publicado o 05/07/2020 14:30

O rebrote da Mariña súmase aos arredor de sesenta focos espallados por case toda España. A atención segue posta especialmente en Lleida, cunha comarca de máis de 200.000 habitantes confinada desde onte polo aumento de casos.

O conselleiro de Interior da Generalitat anunciou multas de 100 a 600 euros para quen salte o confinamento na comarca do Segriá, en Lleida, onde os seus 210.000 residentes cumpriron as primeiras vintecatro horas de novo illamento.

O goberno autonómico decretou a medida polo aumento de contaxios e ingresos na provincia, que suma nove brotes activos.

Tamén seguen confinados todos os veciños deste inmoble de Albacete. Había un foco familiar que afectaba a cinco persoas pero detectaron dous casos máis, que precisaron hospitalización, noutro andar do edificio. O fillo dunha parella que vive alí achegábase para interesarse por seus pais.

No conxunto de España hai arredor de sesenta rebrotes. Afectan a todas as comunidades, agás Asturias, A Rioxa e as ciudades autónomas de Ceuta e Melilla. Andalucía é a rexión que suma máis focos activos, 13, cun total de 235 positivos.

Noticias web

05/07/2020