CRTVG

Buscar

Hai 75 anos que naceu o Teucro e repasamos con Fran Teixeira algúns momentos históricos

Publicado o 04/05/2020 16:48

O comezo foi o 4 de maio de 1945. Pontevedra asiste ao crecemento do balonmán durante as décadas dos 40, 50 e 60.

Os 70 son a explosión. 1973 o Teucro xoga na máxina categoría. Catro anos convive na elite naquela televisión de branco e negro.

Mediados do 80. Aqueles momentos onde a Galega, no descanso dun encontro, se metía no vestiario para que todos vostedes escoitasen as charlas dos adestradores.

O esplendor deportivo chega da man de Fran Teixeira como adestrador. Década dos 90. 

O seu Teucro foi un meteorito que apareceu no balonmán español. Ascende á Asobal en 1990; xoga as semifinais da Copa do rei contra o Barcelona no 1993; remata a temporada cuarto clasificado uns anos despois e acada o primeiro billete europeo para o balonmán galego. Un momento histórico: o Teucro xoga en Europa na temporada 1995-96.

As dúas últimas décadas mesturan os ascensos e os descensos. Queda para a memoria recente a útima gran celebración no 2017

Historia do deporte galego, o Teucro, o municipal de Pontevedra, un pavillón que leva dous anos tentando volver ocupar o seu sitio na elite do balonmán español.

Noticias web

04/05/2020