CRTVG

Buscar

Hai 37 puntos conflitivos nas estradas galegas

Publicado o 28/07/2020 17:38

A Dirección Xeral de Tráfico está a ultimar a operación especial primeiro de agosto, que comeza o venres, e advirte os condutores que extremen as precaucións en xeral e que teñan en conta os puntos conflitivos das estradas.

En Galicia están localizados 37, 17 deles na provincia da Coruña e outros 14 en Pontevedra, a marioría deles por retencións nos accesos ás praias e cidades. 

En Lugo hai catro zonas con problemas, entre eles o tramo da A-8 ao seu paso por Mondoñedo, onde hai néboa con frecuencia, e en Ourense tres por tráfico denso.

 

Noticias web

28/07/2020