CRTVG

Buscar

Hai 20 anos realizábase o primeiro transplante de pulmón en Galicia

Publicado o 21/06/2019 17:32

Fai hoxe 20 anos que tiña lugar no Hospital Juan Canalejo da Coruña o primeiro transplante de pulmón realizado en Galicia. En todo este tempo realizáronse xa 659 intervencións deste tipo neste centro, consolidado como unha referencia.

Eran as nove menos cuarto da noite cando no quirófano do Juan Canalejo comezaba a primeira intervención para dotar dun novo pulmón a un paciente de 55 anos con enfisema pulmonar.

20 anos despois, con 659 transplantes de pulmón realizados, o hospital coruñés é unha referencia para este tipo de intevencións, cuns resultados de supervivencia superiores ao 60 por cento aos cinco anos. O perfil tipo do receptor é o dun varón duns 60 anos con algunha doenza pulmonar. Non é o caso de Lucía, que recibiu ese agasallo, como lle chama ela, cando tiña só 22.

Un equipo multidisciplinar valora anualmente un cento de candidatos. Arredor do 30 por cento son transplantados aquí, e comeza para eles unha nova vida.








 

Noticias web

21/06/2019