CRTVG

Buscar

O Discoverer Enterprise esnafrouse contra a ponte das Pías hai xa 22 anos

Publicado o 13/01/2020 19:36

Fai 22 anos daquel accidente. Aquel día o vento sopraba con tanta forza en Ferrol que acabou por estampar un buque xigantesco contra a ponte das Pías.

Aquela madrugada do 13 de xaneiro de 1998, a forza do vento rompeu as estachas que amarraban ao peirao do estaleiro Astano o Discoverer Enterprise, unha plataforma petrolífera móbil de 250 metros de eslora.

O buque acabou batendo contra a ponte e quedou encaixado no oco de 100 metros que lle abriu. Non provocou mortos, pero si unha imaxe que deu a volta ao mundo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/01/2020