CRTVG

Buscar

Habilitan un posto de test covid en Sanxenxo

Publicado o 31/07/2021 21:44

Un equipo de enfermería encárgase de recoller as mostras. Unha proba de antíxenos contra a covid, que en cuestión de minutos permítenos saber se estamos libres do virus. Este posto funcionará tódolos días ata o 31 de agosto. Faráo de doce do mediodía a catro da tarde e de sete a once da noite. Só durante a mañá pasaron por aquí máis de corenta persoas. A meirande parte familias con menores.

Desas corenta probas realizadas este mediodía, houbo cero positivo. O seu custo é de dez euros. Todos os resultados son notificados a Sanidade. O certificado entregáse no mesmo momento para poder acceder o interior dos locais de hostalaría dunha forma segura.

Saxenxo é un dos concellos de Galicia máis afectados pola covid. Tamén é un dos municipios máis turísticos da nosa comunidade. As novas medidas, colleron a moitos turistas por sorpresa.

É unha das medidas postas polo concello para intentar reducir os contaxios nun municipio en nivel máximo de restricións e con 354 casos activos. Unha situación que non mermou o seu nivel de ocupación. Os últimos datos, publicados polo consorcio de empresarios turísticos de Sanxenxo, falan dunha porcentaxe para este mes de xullo similar a de 2019. É dicir, máis dun 74% por cento.

Noticias web

31/07/2021