CRTVG

Buscar

Habilitan máis espazo para a cabalgata estática de Vigo

Publicado o 31/12/2020 20:03

En poucas horas entraremos no novo ano e moitos cativos xa pensan nunha noite moito mais especial para eles, a de Reis. En Vigo as prazas dispoñibles para ver a súa cabalgata estática esgotáronse en menos de 24 horas.  Porén  unha mensaxe de tranquilidade para os pequenos vigueses porque o concello decidiu habilitar máis espazo na Avenida de Castelao ante a altísima demanda de solicitudes. Haberá dous carrís máis dos previstos inicialmente para que as familias poidan poder ver a Melchor, Gaspar e Baltasar e facelo con total seguridade

Coa máscara non apreciará tanto a súa barba branca pero Martina non perdería por nada do mundo ver a Melchor,  por iso na súa casa,  xa reservaron horario para facelo

E tanto que voaron. En menos de 24 horas quedaron esgotadas. Porén o concello abriu un novo prazo para as familias que non conseguiron reservar praza. Poderán facelo sen medo as aglomeracións porque se ampliou o espazo para visitar os Reis Magos

O cinco de xaneiro os Magos de Oriente non percorrerán as  rúas de Vigo pero dende as doce do mediodía e ata as oito da tarde estarán na Avenida de Castelao.  Será nunha cabalgata estática na que as familias accederán cada quince minutos aos espazos habilitados no horario que teñan asignado

Noticias web

31/12/2020