Haberá final galega na Copa da Raíña de fútbol sala
Publicado o 18/12/2020 22:00
Haberá final galega na Copa da Raíña de fútbol sala. Este domingo O Burela Pescados Rubén e o Poio Pescamar xogarán polo título. As pontevedresas clasificáronse nun emocionante final de partido contra o Universidade de Alacant. Marcou Ana Rivera nos últimos segundos da prórroga.
É a primeira vez que o Poio vai disputar unha final por un título. E será contra as vixentes campioas, o Burela Pescados Rubén. Así celebraron as da Mariña a súa clasificació ndespois de impoñerse ao Alcorcón 5-3 na primeira semifinal. O domingo a Copa virá pra Galicia.