CRTVG

Buscar

Haberá dispoñibles 1.300 localidades no Multiúsos Fontes do Sar

Publicado o 18/05/2021 14:45

Mañá vivirase unha emocionante xornada no pavillón do Sar. Volve o público un ano e dous meses despois. E se cadra volveremos escoitar o Cantar miudiño´ que acompañou tantas vitorias e ledicias que o Obradoiro lle brindou á súa afección. Só poderán acceder 1.300 persoas, e só abonados. O partido é ás seis e media da tarde contra o Ucam Murcia. O mesmo rival, casualmente, do último partido con público no Sar antes da pandemia, o 1 de marzo do ano pasado. As entradas poderán adquirirse na web do club a partir das once da mañá de mañá mércores. 

Noticias web

18/05/2021