Haberá ascensos, pero non descensos, no fútbol non profesional
• Ningún equipo de 2ªB ten opcións de ascender
Ningún equipo galego da Segunda B optaría ao ascenso, pois ningún está entre os catro primeiros clasificados.
Se baixamos ata a Terceira, estas serían as semifinais: Compostela-Barco e Ourense C. F.-Arousa. Os vencedores xogarían un posto na Segunda B.
Non hai descensos nin na Segunda B nin na Terceira. E da Preferente subirían 4 equipos: o Viveiro e Fisterra, do grupo norte, e o Ribadumia e Atios, do grupo sur.
Habería que engadir un quinto equipo, o Estudiantil, por unha sentenza que gañou no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia logo dunha denuncia de aliñación indebida de hai catro temporadas.
Xa que logo, teriamos unha Terceira división con 24 equipos.
Unha idea é que a vindeira temporada a Terceira estea formada por 2 grupos de 12 equipos. E cara a un futuro dun par de anos reducir a Segunda B e a Terceira a unicamente 16 clubs.