CRTVG

Buscar

H&M asina o acordo definitivo cos sindicatos e non pechará a tenda de Ourense

Publicado o 24/05/2021 11:46

Hai preacordo entre os traballadores da tenda de H&M e a empresa. Está previsto que hoxe asinen xa o acordo definitivo. A tenda de Ourense seguirá aberta e manteranse todos os postos de traballo, despois de que a multinacional sueca anunciara o seu peche. A adscrición ao ERE será voluntaria, a indemnización será de 45 días por ano traballado e 170 traballadores verán reducida a xornada por un maximo de dous anos.

A cambio, a multinacional sueca, que pretendía despedir máis dun milleiro de persoas en toda España, recorta ese número ata os 349 empregados. Varias tendas, das oito que a firma ten en Galicia, ían desapacerecer, unha delas a de Ourense, que manterá a súa actividade e tamén os 20 empregados que aqui traballan. Segundo datos da propia compañía, a tenda de Ourense é a terceira con mellor ratio de rendibilidade de toda España.







 

 

Noticias web

24/05/2021