CRTVG

Buscar

Guitiriz, Lourenzá e A Pobra do Brollón, os tres concellos no nivel alto de restricións na área sanitaria de Lugo

Publicado o 03/03/2021 13:38

A partir deste venres, toda a área sanitaria de Lugo quedará no nivel mínimo de restricións agás tres concellos. Son o de Lourenzá, onde subiu a incidencia, o da Pobra do Brollón, que se mantén, e Guitiriz, onde mellorou a situación.

Desta forma, os veciños deste municipio chairego recuperan as reunións de non conviventes, a mobilidade entre concellos, sempre do mesmo nivel, e mais o uso, ao 50 por cento, das terrazas na hostalería.

Chito Corbelle, hostaleiro: "É unha boa noticia, porque en Guitiriz tivemos un foco moi explosivo de cepa británica. Saber que este venres nos alivian s restricións alédanos bastante".

Ademais de Guitiriz, tamén se alivian as restricións noutros oito concellos da provincia de Lugo. Entre eles destaca O Corgo, que pasa do nivel máximo ao mínimo.

Ramón Ares, xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos: "En xeral, a área sanitaria está estable. Está baixando o número de casos, o que se nota en que temos unha menor presión asistencial. O número de ingresos baixou dunha forma considerable, e a incidencia acumualada tamén baixou dunha forma importante".

Actualmente, están confirmados na área sanitaria de Lugo máis de 400 casos activos de coronavirus.

Noticias web

03/03/2021