CRTVG

Buscar

Gustavo Rodríguez afronta o mundial de Pontevedra como un paso máis cara ao soño de Hawai

Publicado o 02/05/2019 19:45

Estes días pedalea por Pontevedra pero ultimamente estivo por Suráfrica, Milán e por Serra Nevada con adestramentos en altitude. Ten o corpo preparado.

En Pontevedra xa vimos moitas veces a Gustavo competindo en mundiais de dúatlon ou campionatos de España. Pero agora afronta un dos retos do ano. Non está no cartel de favoritos, mais sabe que este mundial de longa distancia é un paso máis no camiño cara a un ideal: o ironman de Hawai.

Un obxectivo, Hawai, o paraíso dos triatletas. Outro máis próximo, estar entre os dez mellores do mundo no tríatlon de longa distancia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/05/2019