CRTVG

Buscar

Guitiriz, o único concello galego con máis de mil casos de covid por 100.000 habitantes

Publicado o 27/02/2021 14:15

Ademais de pola torta de millo, as panaderías de Guitiriz teñen moita sona pola calidade dos seus produtos. Con todo, como Guitiriz continúa no nivel máximo de restricións, non hai moita xente, nin pola rúa, nin mercando o pan.

Nestoutra panadería tamén se cumpren todas as precaucións. Está rexentada por uns valentes que abriron o negocio hai cinco meses, en plena pandemia.

Neste concello de 5.500 habitantes chegou a haber máis de 150 positivos, 61 deles menores asintomáticos matriculados nos centros educativos. Os primeiros casos detectáronse o catro de febreiro.

MARISOL MORANDEIRA, ALCALDESA DE GUITIRIZ

Segundo a alcaldesa, a principal causa da expansión do virus foron os asintomáticos. Neste centro educativo chegou a haber 34 menores positivos asintomáticos.

Na rúa principal, chaman a atención as farolas vestidas con poemas falando do desacougo da pandemia.

Noticias web

27/02/2021