CRTVG

Buscar

Guitiriz mantén a prohibición de consumir auga da traída polo alto nivel de ferro

Publicado o 25/10/2019 19:14
Guitiriz mantén a prohibición de consumir auga da traída polo alto nivel de ferro

O Concello de Guitiriz (Lugo) acordou este venres prohibir consumir auga da traída polo alto nivel de ferro detectado desde fai un par de semanas, polo que ata esta xornada recomendábase non inxerila. Así o informaron a Europa Press fontes municipais, que explicaron que as analíticas do laboratorio constataron que persiste o alto nivel de ferro.

En concreto, unha nova analítica da auga do núcleo urbano de Guitiriz, realizada polo laboratorio contratado polo Concello, confirmou que "o nivel de ferro presente continúa estando moi por encima do recomendable (1.361 mg/ l) polo que o goberno local prohibe o consumo de auga", destacou o Consistorio. O goberno municipal acordou, entre outras medidas a curto prazo, realizar unha obras para que a auga da traída non pase polo pantano. Así, o luns comezarán os traballos polos que se desviará a subministración, "facendo uso dunha antiga rede de circunvalación", concretaron as mesmas fontes.

Así mesmo, a alcaldesa da localidade, Marisol Morandeira, vai solicitar unha reunión con Augas de Galicia para abordar conxuntamente a situación da auga neste municipio. Outra das medidas acordadas polo goberno local foi a de compensar aos veciños no recibo deste trimestre, no que non lles cobrarán os días que dure a incidencia. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/10/2019