CRTVG

Buscar

Guinea Conakry libera o pesqueiro galego Portomayor

Publicado o 20/05/2019 21:24

Esta tarde quedou libre o pesqueiro galego Portomayor, retido en Guinea Conakry dende o pasado 18 de abril. Arestora navega cara a Dakar, o porto onde habitualmente descarga o peixe para vender en Europa. A bordo van dous galegos, de Marín, e 24 africanos.

O barco foi detido despois de denunciar por falta de pagamento o seu socio en Guinea. Despois de dúas sentenzas favorables, o buque puido abandonar o porto.