CRTVG

Buscar

Guillermo Casais segue desaparecido trece días despois do naufraxio en Fisterra

Publicado o 01/01/2019 14:05

A noticia que agardan todos en Cambados, o achado de Guillermo Casais, aínda non chegou. Hoxe fai trece días do afundimento do Sin Querer Dos preto do cabo Fisterra e, ata o de agora, a busca do único tripulante que continúa desaparecido, resultou infrutuosa.

Membros dos GES de Muros e Fisterra percorreron de novo a costa nas últimas horas sen resultado ningún, mentres continúa a investigación que trata de determinar as causas do afundimento, coa axuda mesmo de imaxes submarinas. Os equipos de busca non perden a esperanza de atopar o mariñeiro desaparecido, pero din que agora dependen, fundamentalmente, da sorte.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/01/2019