CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Guía para axudar os pais de fillos con adiccións

Publicado o 28/12/2014 14:55

Entre un 15 e un 20% das persoas que entran en contacto coas drogas acaban sendo adictos. A adicción é un pozo no que cae o enfermo, moitas veces arrastrando a familias que non saben cómo axudar. A elas está dirixido o libro "Socorro, mi hijo se droga!", unha guía que ofrecer orientación, respostas e esperanza.

Alejandro Rodríguez leva varios anos orientando a familias que viven o drama das adiccións, en moitos casos pais que non saben como axudar os seus fillos. "Gústame falar do amor duro. Unha cousa é protexer o adicto, darlle cariño, axudalo a recuperarse, e outra cousa é ser cómplice e financiador da súa autodestrución."

Acaba de publicar "Socorro, mi hijo se droga", unha guía para resolver dúbidas e propoñer saídas que conduzan á recuperación. Un manual para pais desesperados escrito desde a experiencia persoal do autor. "O libro achega o punto de vista dunha persoa que combateu nos dous lados da batalla, que busca sobre todo eficacia. O obxectivo é dar esperanza a quen a perdeu."

Entre un quince e un vinte por cento das persoas que entran en contacto coas drogas acaban converténdose en adictos. "Fálase moito de que non hai nada que facer antes de que o adicto toque fondo. Tocar fondo é moi perigoso. Un pode tocar fondo a dous metros baixo terra, na cárcere ou nun centro psiquiátrico. Hai moito que se pode facer antes de chegar a ese fondo."

O primeiro, pedir axuda e contactar cun centro específico de ingreso para o tratamento das adiccións.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí