CRTVG

Buscar

Guía para agraciados na lotaría

Publicado o 23/12/2020 20:55

É o primeiro que este vendedor veterán lles aconsella aos seus clientes premiados, e xa o fixo varias veces.

Na súa longa experiencia á fronte dun despacho de lotaría, Juan Fernández sabe que os boletos se perden nos lugares mellor gardados e, sobre todo, na colada. Pero tamén pode haber unha solución.

Unha vez que o boleto premiado está a salvo, o prazo para cobralo é de 3 meses desde a data do sorteo. Se pasa de 40.000 euros, Facenda reterá o 20 % no momento de pagalo, pero teremos que indicalo na seguinte declaración da renda.

E, ollo, porque non importa que se teñan varios premios que, sumados, superen o límite imposto pola lei, aquí o que conta é que individualmente a cantidade por décimo ou por boleto sexa menor deses 40.000 euros.

Noticias web

23/12/2020