CRTVG

Buscar

Guía de sancións por saltar o confinamento durante o estado de alarma

Publicado o 16/04/2020 17:54

O Ministerio do Interior distribuíu unha guía orientativa sobre as sancións que poden impoñerse por saltar o confinamento. As multas oscilan entre os 600 e os 10.400 euros. Interior quixo clarificar os criterios para reflectir nos boletíns de denuncia as propostas de sanción.

Velaquí un resumo:

Desprazamentos non autorizados: 601 euros.

• Desprazamento non permitido e cara a unha segunda residencia, implicaría "actitude evidentemente dolosa e dotada de maior culpabilidade": 1.500 euros de sanción.

• Dificultar deliberadamente a identificación do infractor: 1.500 euros.

• Persistencia para infrinxir as restricións á libre circulación: 1.200 euros.

• No caso de realizar de forma persistente actividades non permitidas en establecementos comerciais ou industriais: 2.000 euros.

• Organizar ou participar en actividades de grupos que supoñen risco de contaxio: 10.400 euros.

Outros criterios que se terán en conta:

• Interior recomenda que se a actitude do denunciado é de desprezo, xactancia ou mala educación, ou proferiu ameazas ou insultos aos axentes, se anote na proposta de sanción, así como a entidade do nivel de risco observado na conduta infractora.

• Se houbo persistencia na infracción. E no caso dos vehículos, o número de ocupantes, se entre eles hai algún vulnerable e se o desprazamento non permitido era cara a unha segunda residencia.