CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Guerra de almofadas no Festival das Núbebes

Publicado o 30/09/2018 14:54
A sexta edición do Festival das Nubebés que se celebra en Pontevedra chega hoxe a súa fin. A cita coas artes escénicas está adicada a menores de 0 a seis anos acompañados da familia.

O obxectivo, compartir experiencias e aprender xuntos na crianza dos máis pequenos.


Estes nenos e nenas con idades comprendidas entre os 2 e os 6 anos están coñecendo os beneficios do ioga a través do xogo.


O fío condutor é unha historia onde nenos e nenas se converten en guerreiros e mesmo chegar a ser lavadoras que funcionan con aire. Deste xeito, aprenden a respirar e o mesmo tempo a relaxarse.


Esta actividade forma parte do amplísimo programa do festival das artes escénicas ou festival das núbebes de pontevedra. Teatro, contacontos, obradoiros e moita diversión para compartir experiencias e aprender outras novas en familia.


Este festival, polo que xa pasaron máis de 2000 persoas en un só día, despídese como é habitual. Cunha guerra de almofadas na Praza do Teucro onde non só se libera tensión. Dalgún xeito, pais, nais e fillos tamén reforzan o seu vínculo emocional e persoal.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí