CRTVG

Buscar

Guatemala é o segundo país en abrir embaixada en Xerusalén

Publicado o 16/05/2018 21:29

Guatemala converteuse hoxe no segundo país, tras os Estados Unidos, en levar a súa embaixada a Xerusalén. Escenificaron unha amizade que nada ten que ver co enfrontamento diplomático aberto entre Israel e Turquía. O Goberno de Netanyahu denunciou que o seu embaixador en Istambul recibiu un trato humillante no aeroporto. Turquía convidouno a saír do país como protesta polas mortes en Gaza. Hoxe un voceiro de Hamás asegurou que 50 dos 62 falecidos eran membros da súa milicia. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018