CRTVG

Buscar

Guaidó mobiliza a oposición para esixir a entrada de axuda humanitaria en Venezuela

Publicado o 11/02/2019 21:58

Ofensiva diplomática da Venezuela de Guaidó no exterior. Con dous obxectivos: conseguir o maior recoñecemento internacional posible, e que as forzas armadas permitan a distribución da axuda humanitaria que vai chegando aos países limítrofes. Maduro, mentres tanto, exhibe o seu poderío militar.

Unha nova manifestación, que se prevé masiva, pedirá este martes a saída de Maduro do poder e a entrada de axuda humanitaria no país.
A oposición prepara esta nova demostración de forza nas rúas para intentar dobregar a lealdade das forzas armadas a Nicolas Maduro. De momento, sen éxito.

Toneladas de comida e medicamentos enviados polos países que recoñecen a Guaidó como presidente interino acumúlanse nas cidades fronteirizas do Brasil e Colombia. Cúcuta entre elas. Maduro ordenou reforzar a presenza militar nesa zona, para evitar a repartición entre a poboación. O ministro de Defensa asegura que o fan para evitar a "entrada de delitos e outros males" desde Colombia. Foron as súas palabras textuais.

En clave diplomática, Guaidó espera obter nas próximas horas, o recoñecemento de Italia. Unha delegación venezolana reuniuse este luns co vicepresidente Salvini. De momento, só lle garantiu o seu apoio para celebrar eleccións libres. Unha opción que descarta Moscova, un dos principais apoios de Maduro.

O Goberno ruso anunciou que presentará na ONU unha resolución conciliadora para resolver o conflito. Do contido, nada se sabe.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2019

Máis sobre actualidade

Barco 3 - 0 Somozas
15/09/2019 23:26
Fabrl 4 - 1 Alondras
15/09/2019 23:13
Vilalbés 4 - 0 Arzúa
15/09/2019 23:13
U.D. Ourense 0 - 1 Choco
15/09/2019 23:13