CRTVG

Buscar

Guaidó decreta estado de alarma nacional pola crise eléctrica

Publicado o 11/03/2019 21:41

Juan Guaidó decreta o estado de alarma nacional tras catro días sen luz en boa parte de Venezuela. O Parlamento, controlado pola oposición, autorizouno a tomar esta medida ante o que cualifican de situación de calamidade provocada polo fallo eléctrico masivo.

O estado de alarma, que é unha modalidade de estado de excepción, durará 30 días. O Goberno de Maduro culpa da crise eléctrica unha sabotaxe dirixida desde os Estados Unidos. Guaidó responsabiliza o Goberno chavista e convoca protestas en todo o país.

Noticias web

11/03/2019