CRTVG

Buscar

Guaidó acusa a Zapatero de aliarse con Maduro

Publicado o 25/06/2020 13:00

O líder da oposición venezolana e presidente encargado, Juan Guaidó, acusou o ex-presidente español José Luis Rodríguez Zapatero de ser un aliado de Nicolás Maduro.

Nunha carta enviada ao xornal El Mundo, Guaidó lamenta que Zapatero se posicione do lado do ditador e non dos que defenden a democracia.

Guaidó considera inadmisible que o ex-presidente lexitime co seu apoio a Maduro unhas eleccións lexislativas que a oposición considera unha auténtica farsa.

 

Noticias web

25/06/2020