CRTVG

Buscar

Guadi Galego leva aos 'Atardeceres no Gaiás' o seu último disco: 'Immersión'

Publicado o 06/08/2020 21:53

O sol rétanos quente e ben alto na Cidade da Cultura horas antes dun novo atardecer. Faino con música que chega do país, que canta ao norte e en sete linguas penínsulares. Hoxe o sol ponse no Gaiás con Guadi Galego.

Músicas que hoxe bailan desde o chan, sentadas, enmascaradas. Reducidas de espazo e ocupación, con metro e medio distancia, pero vivas. Un verán con música e pandemia é posible.

Chegou o público. Púxose o sol. Chegou tamén o directo que emociona.

Noticias web

06/08/2020