Grupo Gadisa, premiado pola súa achega ao desenvolvemento de Galicia
Publicado o 07/02/2020 21:13
O consello galego de economistas premiou ao Grupo Gadisa pola súa contribución "ao desenvolvemento de Galicia". Recolleu o galardón, de mans do presidente da Xunta e da Vicepresidenta económica do goberno, o presidente e conselleiro delegado do grupo, Roberto Tojeiro. Na cerimonia celebrada hai uns minutos na Coruña, o empresario falou de manter a competitividade de xeito sostible pero pediu tamén igualdade e as mesmas regras para todos, tanto en España como en Europa. Gadisa factura 1.600 millóns de euros ao ano e dalle traballo a 8.400 persoas.