CRTVG

Buscar

Os gromos de Vimianzo e de Arteixo, os máis activos na área da Coruña

Publicado o 10/08/2020 09:57

O gromo de coronavirus do concello coruñés de Vimianzo non aumentara nos últimos dous días, había 7 positivos, cinco deles relacionados cunha empresa cárnica. Pero hoxe xa se fala de que este gromo se espallou e agora afecta unha empresa de aluminio. Estase á espera da confirmación por parte da Consellería de Sanidade.

Para o control do gromo localizado en Meicende e as súas ramificacións, a área sanitaria da Coruña e Cee realizou o sábado 520 probas PCR. Detectáronse 58 casos.

Ademais, o Sergas segue detectando algún caso relacionado coa contorna familiar de positivos detectados con anterioridade, así como algún caso illado, e continúa facendo seguimento dos contactos en relación cunha escola de loita, que suspendeu todas as súas clases.

Noticias web

10/08/2020