CRTVG

Buscar

16 militares contaxiados e 170 en corentena en Ferrol a causa dun gromo nunha fragata

Publicado o 04/06/2021 14:44

Máis de tres semanas levaba a área sanitaria de Ferrol sendo a mellor en canto a evolución da pandemia na nosa comunidade, pero o incremento de casos nos últimos días preocupa.

O xerente do Hospital Arquitecto Marcide mantén que "a situación é de estabilidade e non nos gusta moito ver os datos día a día, senón a tendencia porque pode mudar dun díae restaurarse ao seguinte. Pero hai a preocupación de sempre sobre todo de que se manteñan as precaucións".

Con cinco contaxios novos e cinco altas hospitalarias nas últimas horas, os casos activos mantéñese en 114. Pero son 35 máis que hai xustamente unha semana. Unha repunta que coincide co gromo detectado na fragata Almirante Juan de Borbón, con 16 militares contaxiados por covid e toda a dotación do buque, unhas 170 persoas, en corentena.

Ángel Facio Villanueva asegura que "ese gromo como calquera outro incide pero as situacións puntuais non se xeralizan. Non estamos nunha situación de trasmisión comunitaria, así que é importante seguri avanzando nos rastrexos para asegurarse que se detectan pronto os caso para controlar a situación o mellor posible".

Os responsables da área sanitaria din que non se pode falar aínda dunha tendencia á alza, pero insisten na necesidade manter as medidas sanitarias establecidas. Hoxe na área sanitaria de Ferrol hai oito pacientes ingresados por covid. Sete en planta e un na unidade de coidados intensivos.

Noticias web

04/06/2021