CRTVG

Buscar

Gromo, máscara ou pandemia... Cal será a palabra do ano?

Publicado o 16/12/2020 21:30
Gromo, máscara ou pandemia... Cal será a palabra do ano?

Desde marzo a pandemia marca todo o que ocorre, incluso a elección da palabra do ano en galego. A metade das escollidas pola Real Academia e a Fundación Barrié teñen relación co coronavirus. Gromo, máscara, vacina ou pandemia están entre as seleccionadas.

Pero nin sequera o becho que cambiou as nosas vidas impediu que lembremos o centenario da Xeración Nós. 'Nós' é outra das elixidas para palabra do ano. Ata o día de Nadal podemos votar telematicamente cal é a nosa preferida.

Noticias web

16/12/2020