CRTVG

Buscar

Detectan un gromo con 10 casos nun colexio maior de Santiago

Publicado o 16/10/2020 21:27

O cribado nas residencias universitarias de Compostela permitiu detectar un gromo con dez positivos no colexio maior Xelmirez. 70 estudantes do centro privado tiveron que confinarse. No cribado tamén se diagnosticaron outros catro na residencia do Burgo das Nacións, un no colexio maior Fonseca.

A noite pasada, a primeira co novo réxime sancionador do concello, a policía local interveu en dez festas en pisos de estudantes. Nunha delas como xa pasaba das tres da mañá impuxo a multa máxima de 750 euros. Nas outras a sanción foi de 500 euros.


 

Noticias web

16/10/2020