CRTVG

Buscar

Grifols prepara o ensaio dun medicamento que proporcionaría inmunidade inmediata contra a covid

Publicado o 19/01/2021 14:55

Oitocentos voluntarios diagnosticados de covid, pero sen síntomas da enfermidade, van participar no ensaio. A terapia emprega plasma de diferentes doantes, o que mellora a protección.

Antonio Paez, director médico de Grifols, di que "o medicamento contén anticorpos policlonais contra o coronavirus, que se obteñen de doantes que pasaron previamente a enfermidade".

O medicamento proporcionaría unha protección imediata fronte á covid e sería un complemento da vacina. Amais, é doado de conservar e administrar.

"A súa doada conservación en neveira e administración subcutánea favorecerían a súa distribución en centros de atención primaria", explica Paez.

A farmacéutica disparou un cinco por cento a súa cotización en bolsa, e lidera as subas do IBEX tras o anuncio do ensaio, que iniciará en febreiro e podería dar os primeiros resultados en primavera.

Noticias web

19/01/2021