CRTVG

Buscar

Greta Thunberg chegará a España no catamarán dunha familia australiana para participar no cumio do clima

Publicado o 13/11/2019 14:36
Greta Thunberg chegará a España no catamarán dunha familia australiana para participar no cumio do clima

A activista sueca Greta Thumberg anunciou este mediodía, a través dun chío de Twitter, que hoxe mesmo vai saír cara a España no catamarán 'La Vagabonde' que lle ofreceu unha familia australiana, para participar no Cumio do Clima que se vai celebrar en Madrid do 2 ao 13 de decembro.

A parella que se ofreceu a traer a Greta Thumberg desde o Estado de Virxinia, nos Estados Unidos, a un porto en España, aínda sen especificar, é un matrimonio que se dedica a viaxar por todo o mundo e que despois conta as súas experiencias en Youtube. Viaxarán cruzando o Atlántico tamén co seu fillo de once meses.

A activista sueca, de 16 anos, chegou a Nova York no mes de agosto nun iate. Desde entón, dedicouse a facer activismo en varios cidades dos Estados Unidos. Como Greta non viaxa en avión porque contamina moito, pediu axuda para trasladarse a España cun medio ecolóxico e sostible cando soubo que o cumio do Clima (COP25) se trasladaba de Chile a Madrid.