CRTVG

Buscar

Greenpeace suspende a Santiago de Compostela en materia de mobilidade sostible

Publicado o 20/05/2019 19:36

Greenpeace suspende a cidade de Santiago de Compostela en materia de mobilidade sostible, polo elevado uso do coche en detrimento do transporte público ou da bicicleta.

A organización ecoloxista avaliou 12 cidades españolas, en Galicia unicamente Santiago, á que sitúa na penúltima posición en canto ao cumprimento dos seus propios plans de mobilidade urbana.

Segundo o informe, só un 12 por cento da poboación usa o transporte público en Compostela, e a dependencia do coche sobe ata o 40 por cento, demasiado, segundo Greenpeace, para a dimensión da cidade.

 

Noticias web

20/05/2019