CRTVG

Buscar

Greenalia mantén os seus proxectos para Galicia

Publicado o 21/10/2020 15:12
Greenalia mantén os seus proxectos para Galicia

A compañía Greenalia reafirma o seu compromiso con Galicia e mantén todos os investimentos previstos para os próximos meses na nosa comunidade.  É o caso da planta de biomasa de Curtis, que está en fase de probas e que estará plenamente operativa antes de final de ano.

Continúa tamén a construción dos parques eólicos da Costa da Morte e de Ourol, en Lugo. O investimento rolda os 40 millóns de euros e mobiliza arredor de 200 empregos.

Noticias web

21/10/2020