CRTVG

Buscar

Grecia e Macedonia, enfrontadas polo troco de nome a República de Macedonia do Norte

Publicado o 13/06/2018 21:23

República de Macedonia do Norte. É o novo nome do país desde este martes, un feito que moitos cualifican de histórico no panorama internacional. Pero só un día despois do acordo entre os primeiros ministros, a oposición conservadora grega e macedonia busca evitar que o pacto se ratifique. 

Desde Grecia piden que se someta á votación do Parlamento, e desde a Antiga República Iugoslava de Macedonia  foi o propio presidente quen desbotou o asinado. Mentres tanto, algúns dos países veciños, coma Austria, sitúan Macedonia máis preto da UE tras este acordo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2018