CRTVG

Buscar

Grecia declara o estado de emerxencia en Lesbos

Publicado o 10/09/2020 09:04

Grecia declara o estado de emerxencia en Lesbos, onde prendeu un segundo incendio no maior campo de refuxiados de Europa. O lume obrigou a evacuar a zona que non fora alcanzada polas lapas a madrugada pasada e deixou o campamento de Moria practicamente reducido a cinsas. Non hai vítimas nin feridos, pero quedan nas estradas preto de 13.000 refuxiados. Moria levaba en corentena desde marzo, practicamente cando se declarou a pandemia.

Noticias web

10/09/2020