CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

'Gravity', de Juan Perdiguero, achéganos ao mundo das psicoloxías caninas

Publicado o 13/02/2018 17:12

Trátase da primeira mostra individual na Coruña do artista madrileño afincado en Nova York Juan Perdiguero. A exposición 'Gravity' conformana unha serie de debuxos de cans de diferentes razas debuxados, a man alzada, cunha sorprendente técnica mixta a base de tinta de gravado e aceite de linaza sobre unha emulsión fotográfica que previamente foi sensibilizada con luz e tratada con sustancias químicas como forma de procurar manchas arbitrarias e premeditadamente abstractas Pode verse na galeria Moretart ata o proximo 6 de marzo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

13/02/2018