CRTVG

Buscar

Tírase dun noveno andar en Vigo durante un rexistro por secuestrar unha muller

Publicado o 17/10/2019 16:40
Tírase dun noveno andar en Vigo durante un rexistro por secuestrar unha muller

Un home duns 35 anos lanzouse este xoves ao baleiro desde a xanela dun domicilio en Vigo que estaba a ser obxecto dun rexistro e onde supostamente esta persoa retivera á forza unha muller, informaron fontes policiais. Durante o rexistro, o home aproximouse por sorpresa á xanela da vivenda, situada nun noveno piso, e precipitouse ao baleiro. Os servizos sanitarios de urxencia atendérono no punto e trasladárono en estado moi grave a un centro hospitalario, detallan as fontes.

Os feitos producíronse sobre as 15.15 horas deste xoves, cando a Policía rexistraba un domicilio no número 190 da avenida de Castrelos coa presenza da letrada da administración de Xustiza e avogados da defensa. Este home fora detido pola presunta comisión dos delitos contra a liberdade sexual, detención ilegal e revelación de segredos por mor dunha denuncia presentada por unha muller que, segundo manifestou, fora retida á forza no domicilio onde se efectuaba o rexistro.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/10/2019