Gravar e difundir imaxes e vídeos privados sen permiso, pode ser delito
Gravar e difundir un vídeo ou unha imaxe íntima sen consentimento é un delito e pode supoñer penas de cárcere. Pero non só iso. O so feito de compartilo cos nosos contactos ou difundilo a través das redes sociais tamén pode ser constitutivo dun delito, aínda sen ser o autor da gravación.
"Esa gravación non pode ser difundida porque estaremos cometendo un delito contra a integridade e a intimidade da persoa. As penas poden ir de 1 a 5 anos", explica a avogada Ana Camiño.
Pero ademais da penal, existe unha responsabilidade civil.
"Hai uns danos morais a esa persoa, e económicos, que a vítima pode reclamar esa indemnización", di Camiño.
As vítimas deste tipo de prácticas coñecidas tamén como sexting ou revenge porn son, segundo a xurisprudencia, maioritariamente mulleres. A recomendación dos expertos para evitar converterse en cómplices neste tipo de casos é non compartir, e sobre todo tomar conciencia das consecuencias e denunciar os responsables.