CRTVG

Buscar

Grávanlle o pin da tarxeta mentres paga nun supemercado e subtráenlle 4.390 euros

Publicado o 07/10/2021 14:30

As vacacións en Sanxenxo non podían comezar de peor xeito para este veciño de Cambre. Foi á saída dun supermercado cando unha muller o alerta de que lle caeran cartos preto do coche cando comezou o seu pesadelo.

Malia que inmediatamente intentou anular as tarxetas, os máis de 20 minutos que tardaron en atendelo foron claves. En total, 4.000 euros retirados en caixeiros e outros 395 euros máis dunha compra nun estanco. Unha vez interposta a denuncia ante a Garda Civil, comprobaron polas cintas de gravación do supermercado o modus operandi co que conseguiron o pin.

"Vese perfectamente que nos están seguindo dentro do supermercado e que na caixa cando estou pagado coa tarxeta, das tres persoas unha delas me esta gravando o movemento dos dedos", di Carlos Durán a vítima do roubo.

A entidade financeira desvincúlase do acontecido. Alegan que as operacións están validadas por pin e que é o propietario da tarxeta o que ten que adoptar as medidas de precaución. A vítima está a preparar a denuncia contra o banco co fin de recuperar os cartos.

Noticias web

07/10/2021