Telexornal Mediodía FDS
Gravan un xabarín bañándose tranquilamente no barrio ferrolán de Caranza
Publicado o 12/05/2018 14:57
Nos últimos anos vimos xabaríns entrando nas casas, cruzando avenidas das cidades ou mesmo nos campus universitarios. Aparecen en lugares insospeitados, pero o que non é tan habitual é atopalos na auga, nadando. Iso ata esta semana. Unha veciña de Ferrol gravouno nadando no barrio de Caranza. Tomou un baño con toda tranquilidade e, cando se achegou a terra, subiu sen problema polas rochas do coído do peirao.