Gravan como as ondas arrastran cinco mozos en Gran Canaria
Publicado o 26/08/2020 16:46
Un novo exemplo de imprudencia o destes cinco mozos que foron arrastrados polas fortes ondas nunha zona de costa rochosa ao norte de Gran Canaria.
A pesar das advertencias dos veciños, que coñecen a perigosidade das piscinas naturais de Gáldar cando hai mareas vivas, tres mozos e dúas mozas doutro municipio da illa non dubidaron en nadar ata a zona onde rompen as ondas e foron arrastrados por unha delas.
A forza do impacto producíulles fortes contusións e unha das mozas, de 21 anos, foi trasladada ao Hospital Universitario Insular con varias costelas rotas.