CRTVG

Buscar

Gravación no Teatro Jofre de Ferrol de 'Inimitables', dedicado a Raphael

Publicado o 30/05/2019 21:55

Música na Quintana e música na Televisión de Galicia. Desta volta os seguidores do icónico Raphael están de sorte, non un senón dous son os programas desta casa polos que pasará a estrela da canción. E escoiten, mañá estará en Luar entre outros artistas pero hoxe está gravando un Inimitables en Ferrol que se emitirá proximamente na Galega.

Encantados de que nos persiga. Único, incombustible, Rafael é aquel que, aos  seus 76 anos, segue sendo aquel, o mesmo que é, sen lugar a dúbidas... 'Inimitable'. Por iso, non podía faltar no programa Inimitables da Televisión de Galicia e por iso o noso compañeiro Arturo Fernandez, presentador e guionista dese espazo, non dubidou en ir recibilo ao aeroporto da Coruña esta mesma mañá. Por certo, levoulle un agasallo...

Cancións súas as que están soando esta noite na gravación 'intramuros' no teatro Jofre de Ferrol, onde desde esta tarde se concentraban seguidores que non querían perder a oportunidade de ver un dos grandes que, despois de seis décadas sobre os palcos, segue dando moito que falar.  Non por casualidade as entradas para a gravación se esgotaron en só dúas horas. Un Inimitables único, para un inimitable do que, polo momento, pouco sabemos.

Que vai ser unha gran noite está asegurado, que a veremos proximamente na Televisión de Galicia tamén... só queda saber se ao espertar "a súa vida saberá algo que non coñece". Galicia coñécea ben, dos misterios que fala poderemos preguntarlle mañá no Luar, onde volverá facer gala da súa voz e da súa impronta 'inimitable'.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Noticias web

30/05/2019