CRTVG

Buscar

Gratuítos e voluntarios, así son os test rápidos que fan as farmacias de Ourense

Publicado o 16/10/2020 20:52

Accedemos a páxina web do colexio de farmacéuticos de Ourense, eliximos o concello e a farmacia na que queremos realizar a proba e introducimos os nosos datos para solicitar unha cita.

Trátase dun test rápido que permite detectar anticorpos. Por seguridade, as persoas só deberá permanecer na farmacia uns minutos.Unha vez se confirme que a proba está ben feita, xa poden marchar e daránselle os resultados por teléfono. Se é positivo deberá contactar co Sergas.

É gratuito e volunatario. Ainda está en fase piloto pero moitos ourensán xa o teñen claro.

Unha iniciativa pioneira en España que quere por en valor a labor asistencial das farmacias e achegar os seu gran de area para frear esta pandemia.

Noticias web

16/10/2020