Grandes ringleiras para mercar a rosca de Reis
Dende o final desta longa ringleira, que dá a volta á esquina, ata as portas da pastelaría hai unha longa, longa espera.
Pero a estes incondicinais nada lles mete medo. Nin o tempo que pasan na beirarrúa, nin o frío. A tradición é a que manda e aquí as roscas poden conta rse por milleiros.
O máis importante é poder levar para casa o preciado doce.
"É unha rosca natural, feita con agarimo con produtos naturais. Iso a xente teno en conta e quéreo levar á casa. Eu son a terceira xeración, comezou miña avoa cos fillos, e levamos case 58 anos", di a propietaria dunha pastelaría.
Aquí xa levan dende comezos de decembro vendendo a rosca de Reis. Din que moitos a conxelan e despois lle dan un golpe da calor co forno para que quede coma o primeiro día.
Para moitos, non hai mellor agasallo o día de Reis que unha boa rosca.