CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Grandes e pequenos compiten na primeira edición do Torneo de Puzzles Cidade da Coruña

Publicado o 27/01/2018 14:57


Montar un puzzle completo co tempo contado. Ese é o reto que teñen que enfrontar os valentes que participan no primeiro torneo de puzzles da cidade da Coruña.

Pezas, pezas e máis pezas. E poñelas en orde. O tempo empeza xa! Así comezaba o primeiro torneo de puzzles da cidade da Coruña, organizado por unha tenda en colaboración coa Asociación Española de Puzzles. Esta mañá, aorredor de vinte nenos e nenas de todas as idades tentaron montar os quebracabezas de entre 100 e 300 pezas. A destreza estivo rifada cos nervios por rematar no menor tempo posible.

Pola tarde, será a quenda para os maiores. As 40 parellas que compiten proceden de varios puntos de España e, esta vez, deberán armar estes mosaicos de 500 pezas. Os gañadores de todas as categorías coñeceránse ao final da xornada, coa entrega de premios, que consta de trofeos e, por suposto, máis puzzles.