CRTVG

Buscar

Os grandes dependentes recibiron esta fin de semana a primeira dose da vacina

Publicado o 07/03/2021 21:12

Esta semana o Sergas comezaba a contactar cos familiares dos grandes dependentes para vacinalos, unha vacinación que se levaba a cabo esta fin de semana en diferentes centros hospitalarios, coma no de Montecelo, en Pontevedra. Esa chamada esperada para recibir a primeira dose era para moitos un alivio.

"Xa hai que estamos esperando e chamáronnos de repente o venres, en principio era para vir o sábado, pero volvéronnos chamar dicindo que tiñan un problema, que non chegaban as doses e se podiamos vir hoxe, o domingo", di un familiar dun dependente.

En Galicia hai 16.000 persoas que teñen o maior grao de dependencia, o grao 3. É un dos colectivos que preocupa por ser un grupo de risco e pola súa presenza, en moitos casos, en centros de día, o que pode aumentar as posibilidades de contaxio.

"Ao primeiro cando nos chamaron dixo que non se quería vacinar, pero ten que ser porque a estamos esperando todos, non?", di un familiar dun dependente.

No grupo de maiores de 80 anos xa se estaban a incluír grandes dependentes que superan esa idade.

Con este colectivo vulnerable estanse a utilizar tamén as vacinas de Pfizer ou as de Moderna.

Noticias web

07/03/2021