CRTVG

Buscar

Os grandes dependentes reciben a primeira dose no hospital de Montecelo

Publicado o 07/03/2021 15:02

Á espera de saber que dispoñibilidade de doses haberá nas próximas semanas, segue avanzando a vacinación. Na área sanitaria de Pontevedra esta fin de semana estanse a vacinar grandes dependentes.

En Galicia hai 16.000 persoas que teñen o maior grao de dependencia, o grao 3. É un dos colectivos que preocupa por ser un grupo de risco e pola súa presenza, en moitos casos, nos centros de día, o que pode aumentar as posibilidades de contaxio. Agora xa están no proceso de vacinación. Este sábado, no hospital de Montecelo en Pontevedra, recibían a primeira dose.

 

Noticias web

07/03/2021